sábado, 28 de enero de 2017

ADULTOS

Dúas á vez para a reunión de principios de marzo: Señora de rojo sobre fondo gris de Delibes e La mujer da la libreta roja de.
  •  Señora de rojo sobre fondo gris de Delibes. 
    Un prestixioso pintor, Nicolás, sumido nunha grave crise creativa, debulla ante a súa filla os seus recordos máis íntimos. Co seu monólogo que busca liberarse da dor que sente pola morte da súa esposa, Ana, "unha muller que coa súa soa presenza alixeiraba o pesar de vivir".
  • La mujer da la libreta roja de Antoine Laurain.
 

Laurent Letellier, banqueiro parisiense convertido en feliz propietario dunha pequena librería, atopa unha mañá de camiño ao traballo un bolso de muller depositado encima dunha papeleira. Intrigado, lévao á tenda coa intención de devolvelo á súa propietaria. Sen carteira nin teléfono, a tarefa preséntase máis complicada do que podería parecer e Laurent, arrastrado por unha irrefreable curiosidade, empeza a reconstruír o crebacabezas da vida da descoñecida a través dos obxectos que contén o bolso. O diario de Laure, que así se chama a muller, un caderno vermello cheo de anotacións, pensamentos e recordos será o fío condutor que lle proporcionará as pistas para buscala.

miércoles, 25 de enero de 2017

AS NOSAS VIÑETAS DE DAVILA, 4º

Xa temos algún resultado "xeitoso" da reinterpretación proposta.
Esta foi a viñeta real.