martes, 15 de noviembre de 2016

SIN MÁSCARA, 3º A

Alfredo Gómez Cerdá é o autor da novela elixida polos de 3º A para comezar as reunións.
Nun principio, a relación entre Roberto e Lúa parece difícil de concibir. El é un mozo de boa familia e ela vive nun barrio obreiro de Madrid. Con todo, namoraranse e a súa relación, sincera e honesta, servirá de contrapunto a un mundo duro, cheo de hipocrisía, onde cada persoa non é o que parece.
A editorial ofrécenos este material para traballar a lectura; incluso podemos ler o primeiro capítulo.

jueves, 10 de noviembre de 2016

MUERTE A SEIS VEINTICINCO, 2º A

Muerte a seis veinticinco de Jordi Cervera 
O brutal asasinato dunha muller e do seu fillo, a familia dun famoso xogador de baloncesto procedente da NBA, sacode a vida cotiá dunha tranquila cidade catalá. Ninguén imaxinaba que aquilo puidese acontecer, como quen di, na porta do lado. E non obstante, tras aquel caso, o sarxento Joan Pons e os seus homes encontraranse cunha trama urdida polo miúdo durante anos para saborear unha cruel vinganza. Antes de resolver o dobre crime, a Brigada de Investigación terá que enfrontarse a presións e trampas ata descifrar o enigma, tirando de cada un dos fíos desta tea de araña nunha trepidante carreira a contra o reloxo.

A editorial convídanos a empregar as actividades para a aula e as estratexias de animación lectora.

NO CULPES AL KARMA DE LO QUE TE PASA POR GILIPOLLAS, ADULTOS

“No culpes al karma de lo que te pasa por gilipollas” foi o elixido para a reunión do 16 de decembro.
Resultado de imagen de no culpes al karma de lo que te pasa por gilipolla epub
Promete diversión, polo menos esa foi a razón da elección, esperemos non nos decepcione.
Aquí o trailer da película que está de estreno.

miércoles, 9 de noviembre de 2016

LA MÁQUINA PENSANTE, 1º A

Sobre Jacques Futrelle e sobre os seus relatos de La máquina pensante falará o club de 1º A.
Resultado de imagen de LA MÁQUINA PENSANTE
O profesor Van Dusen, coñecido como «A máquina pensante», está firmemente convencido de que unha mente disciplinada é capaz de resolver situacións que a maioría dos humanos estiman como imposibles. Para demostralo sométese a un experimento polo cal se compromete a fuxir dun cárcere no prazo dunha semana. Sairá con éxito o seu intento? Completan o volume outros tres relatos, a cal máis enxeñoso, caracterizado pola formulación dun problema de aparencia insoluble e a impecabilidad da solución.

martes, 8 de noviembre de 2016

BONE, 1º ESO B+C

De novo, repetimos en 1º B+C un antigo éxito nos clubs de lectura: Bone 1, Lejos de Boneville, de Jeff Smith. Elixida pola revista Time como unha das 10 mellores novelas gráficas de todos os tempos.
A historia de tres primos -Fone Bone, Phoney e Smiley- expulsados de Boneville e perdidos nun enorme e descoñecido deserto. Tras diversos incidentes reuniranse na cidade de Barrel Haven alleos á conspiración que se tece en torno a eles e sen percatarse de que as súas aventuras só acaban de comezar.
Como aperitivo, analizade nesta viñeta con que velocidade lles chega o inverno. Sorprenderanos a nós igual?

lunes, 7 de noviembre de 2016

¿SOBREVIVES?, 4º


O grupo de 4º decidiu comezar a actividade do club coa obra ¿Sobrevives?, de Fina Casalderrey.


¿Sobrevives? narra a historia de Moni, Francisco Sánchez Loiro, un mozo de dezasete anos que cursa dificultosamente os seus estudios de formación profesional.
A súa reiterada mala conduta, as súas amizades sorprendentes e o seu resentimento oculto non deixan de abraiar continuamente a profesorado e compañeiros.

domingo, 6 de noviembre de 2016

AS MIL E UNHA NOITES, 2º B E 3º B

 
Con esta colección de relatos comezan 2º B e 3º B.
"Doído pola infidelidade da súa esposa, un vengativo sultán decide axusticiar cada día a unha muller ata que chega a quenda de Sahrazad que se nega a aceptar ese destino atroz.
Para aprazar a súa morte, Sahrazad resolve cativar a atención do rei unha noite tras outras con historias que as xentes de Oriente contaron durante moitos séculos.
Un apaixonante conxunto de historias cheas de nomes sonoros, viaxeiros que atravesaban ruínas fantásticas, princesas que cabalgan por extensos desertos, homes capaces de voar, xenios encerrados nunha botella..."