lunes, 31 de octubre de 2016

GRUPOS CLUB

Xa empezamos.
Cun total de 118 alumnos isto vai a máis, polo que organizamos oito grupos máis o de adultos.

  • 1º A - Adrián (Matemáticas)
  • 1º B+C - Elena (Pedagoxía Terapéutica)
  • 2º A - Carmen (Lingua Castelá)
  • 2º B+3º B - Conchi (Lingua Galega)
  • 2º C - Xabier (Lingua Galega)
  • 3º A - Sonia (Lingua Inglesa)
  • 3º C - Pablo (LIngua Castelá)
  • 4º A+B+C - Esther (Lingua Castelá)
  • Club de adultos.
Cantos nos manteremos en xuño?

viernes, 28 de octubre de 2016

UN POCO DE ABRIL, ALGO DE MAYO... 2º C

Jordi Sierra i Fabra foi o autor elixido polo grupo de 2º C.
   
Os dous protagonistas deste libro son Jaime e Olga, dous mozos que teñen a súa primeira cita nun bar. Todo podería parecer en grao sumo habitual pero a súa conversación non é a máis típica xa que, o primeiro que fan é mostrarse os seus certificados médicos.
Olga ten dezanove anos e meses atrás decatouse de que era seropositiva, algo que fixo que a súa vida rompese pero tomou unha decisión, aferrarse á vida e vivir ese amor tan necesario para ela, buscando a súa alma xemelga alí onde fose para poder compartir todo o tempo dispoñible.
Jaime, por outra banda, escóndelle un segredo a Olga que mesmo pode esnaquizar as súas ilusións pero quen sabe, poden un pouco de abril, algo de maio e todo setembro cambiar as súas vidas para sempre?
Como sabedes, xa se fixo a película. Aquí un aperitivo.

Se queredes, aquí podedes comezar a lectura.
Na súa páxina persoal este autor regálanos cada mes un poema, un conto, relato etc..., ¡non deixedes de visitala!

domingo, 9 de octubre de 2016

COMEZAMOS!!!

 
Como cada ano, os coordinadores do club de lectura comezan a tarefa de busca de lectores.
Estade atentos.