lunes, 25 de abril de 2016

PREMIO CLUBS LECTURA


Ledicia Costas foi a gañadora do Premio dos Clubs de Lectura 2016. Premio co que se recoñece aos autores comprometidos coa lingua que, cos seus libros, axudan á construción de lectores.

viernes, 22 de abril de 2016

23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Na conmemoración do IV Centenario da morte de Cervantes, a biblioteca organiza unha exposición de carteis elaborados polo alumnado e agasalla un marcapáxinas co préstamo.
Pero ademais, a biblioteca ofrece máis actividades.

"SE EU FOSSE UM LIVRO"

Porque todos poden ser días do libro.

lunes, 18 de abril de 2016

jueves, 7 de abril de 2016

UN MAL NOMBRE, ADULTOS

Foi tal o éxito da primeira parte de Dos amigas que continuamos coa saga de Elena Ferrante. Neste caso, será Un mal nombre, a lectura que nos reúna ante unha boa mesa ou ante un café durante o mes de maio.

viernes, 1 de abril de 2016

AS COUSAS CLARAS, 3º A+C

Neira Cruz con esta novela será quen acompañe a estes lectores.
A obra, ambientada nun instituto de ensino secundario, reconstrúe a indagación que fan Afonso e Marga sobre o conflicto no que se ve inmerso Mon, o seu profesor de literatura, sometido a unha inxusta campaña na súa contra polo tratamento que realiza da educación afectiva e sexual cos seus alumnos.