jueves, 31 de marzo de 2016

SEIS HORAS Y UNAS GOTAS DE SANGRE, 1º B + 2º A

Os alumnos deste club comezan a ler Seis horas y unas gotas de sangre, de Blanca Álvarez.
Unha excursión á neve cun grupo de alumnos conflitivos pretende mellorar a convivencia entre eles e reconducir as súas vidas. Pero este "experimento" estrágase cando un alude os deixa sepultados nunha cabana e deben convivir en situacións extremas.
Cando son finalmente rescatados, todos maduraron e aprenderon moitas cousas e profesores e alumnos enténdense mellor.
Podedes ler as primeiras páxinas da novela e traballar coa guía de lectura se entrades aquí.

martes, 29 de marzo de 2016

DOODLE A UNHA INNOVADORA

Este luns, Google rendeu homenaxe co seu doodle á precursora do libro electrónico, a leonesa Ángela Ruiz Robles.
Ela inventou en 1949 a enciclopedia mecánica, un dispositivo con abecedarios automáticos en todos os idiomas e co que podían formarse palabras, frases, leccións ou temas e toda clase de escritos.
Vía: El País

ONDE VIAXASTES NESTAS VACACIÓNS?

lunes, 28 de marzo de 2016

USHA, 1º C

 
Os artistas de 1º C, tras O principiño, déixanse levar por María Reimóndez con Usha. Con que nos sorprenderán nesta ocasión? As ilustracións de Iván Sende servirán de motivación?
"Uxía, Usha para os seus amigos, escribe o relato da súa estancia en Devastana, na India. A rapaza galega, que acompañaba a súa nai, membro dunha ONG, rememora a vida cotián da súa escola india. Alí amigou con Lakshmi e Deepak, coñeceu novos costumes, enfrontouse a imprevistos..."
Contamos tamén co Proxecto Lector.

jueves, 17 de marzo de 2016

O PRINCIPIÑO, 1º C


O Principiño foi a segunda lectura para o grupo do Clube de Lectura de 1º ESO C. Pasamos dos horrores provocados por unha gárgola na vida do adoslecente Jeremy, á candidez e tenrura dun pequeno ser que chega á terra vestido de Príncipe despois de visitar varios asteroides. A través da súa mirada descubrimos, entre outras cousas, os absurdos comportamentos dos adultos e, a través das súas experiencias, o valor da amistade
Á hora de facermos a lectura en grupo, tratei de destacar estas dúas mensaxes importantes que percorren o libro do Principiño.
Tamén traballamos a ilustración, tan importante neste libro, e algúns  alumnos con diferentes materiais realizaron o “SEU PLANETA“, mentres que outros fixeron a súa homenaxe ao Asteroide do Principiño. Os resultados como se poden ver nas fotos son excelentes.


CLUB LECTURA MUCHACHADA LECTORA on PhotoPeach
Para pechar a actividade da lectura, os alumnos escribiron unha frase que recollese unha idea, unha sensación, unha impresión ou unha opinión da lectura do Principiño. Uns copiaron e escribiron literalmente algunha das coñecidas frases do Libro, outros optaron por unha valoración persoal. Velaquí temos os seus comentarios: 
VERÉ DE GOLPE TODO EL PLANETA Y TODOS LOS HOMBRES.
UN ELEFANTE DENTRO DUNHA BOA NON É UN SOMBREIRO. OS MAIORES NON ME COMPRENDEN!!!
A MELLOR ETAPA DA TÚA VIDA SERÁ SER UN RAPAZ, PORQUE OS MAIORES SON UNS ABURRIDOS.
TODOS OS MUNDOS SON PRECIOSOS, PERO HAI XENTE MALA.
UNHA FLOR DE TRES PÉTALOS, UNHA FLOR DE NADA!!!
AS PERSOAS MAIORES ACONSELLÁRONME QUE DEIXASE OS DEBUXOS DE SERPES E ME CENTRASE NA HISTORIA, XEOGRAFÍA, CÁLCULO E DESE XEIO ABANDONEIME AOS SEIS ANOS.
LA TIERRA NO ES UN PLANETA CUALQUIERA!!!
OS ADULTOS NUNCA ENTENDEN AOS RAPACES E SEMPRE ESTÁN COAS SÚAS COUSAS ABURRIDAS.
O PLANETA SEGUINTE ESTABA HABITADO POR UN BEBEDOR. ESTA VIAXE FOI MOI BREVE PERO SUMIU AO PRINCIPIÑO NUNHA GRAN MELANCOLÍA.
A VERDADE É QUE TODOS OS MAIORES SON MOI RAROS…
Sería bo que estes lectores que están a punto de abandonar “esa etapa de vida de rapaz” teñan en conta as aprendizaxes do neno Príncipe durante a súa viaxe pola vida. No caso de que as esquezan, sempre queda a opción de volver a ler O Principiño.
Elvira Moroño (profesora Lingua Galega)

ENQUISA HORA DE LER

No mes de febreiro, con motivo da revisión do Plan Lector do centro, pedimos a vosa opinión sobre a hora de ler.
Aquí algún resultado:
A razón fundamental pola que os alumnos se mostran tan satisfeitos coa sesión diaria de lectura é que, como se lles permite ler o que queiran, resúltalles posible aproveitar para traballar nos libros de lectura recomendada ou obrigatoria. Así, o 52% apunta a este motivo para valorala positivamente, aínda que tamén é significativa a porcentaxe do 38%, que recoñece que ademais lle resulta relaxante. 


En relación ao tipo de lectura predominante, o 70.2% le libros de lectura recomendada ou obrigatoria, e un 64.3% tamén le libros que non teñen relación cos propostos polo profesorado. 

No aspecto do aproveitamento da hora de ler, o 84.5% do alumnado afirma que foi quen de rematar algún libro utilizando a hora de ler, malia que o 51% admite que, ás veces, outros compañeiros son fonte de distracción e perturbacións, e o 33% que hai alumnos que ou non tran libro, ou non len. 
Como aspectos positivos, en xeral, os rapaces perciben que a hora de ler lles reporta vantaxes como a mellora no vocabulario e na comprensión, e no desenvolvemento do aprecio pola lectura. 

Con respecto ás posibles melloras, hai que sinalar que un 58.3% considera que a duración da hora de ler debería incrementarse, e un 82% demanda que se poidan ler xornais ou revistas. Con todo, os aspectos máis graves son que un 46% afirma que hai profesores que nunca len, e só un 69% asegura que a sesión de ler se respecta sempre.

miércoles, 9 de marzo de 2016

UN ATAQUE DE RISA, 1º A

 
En un ataque de risa de Gabriel García de Oro, todo empeza cun chiste que lle contan a Mario sobre un profesor do instituto e que o deixa dobrado de risa ante a mirada atónita dos seus pais.
Para impresionar cóntallo a "Ela", a moza desta historia, pero con tanta mala pata que o director e o profesor en cuestión píllanos xusto na mellor parte do chiste. O castigo, en aparencia inofensivo, traerá consigo ollos á funerala, viláns enmascarados, segredos ao descuberto e un morto da risa.

miércoles, 2 de marzo de 2016

EL PALACIO DE LA MEDIANOCHE, 2º B

Esta novela de aventuras e fantasía, escrita por Carlos Ruiz Zafón, forma a Trilogía de la Niebla, xunto con El príncipe de la niebla e Las luces de septiembre.
"Calcuta, 1932. Un tren en chamas atravesa a cidade. Un espectro de lume sementa o terror nas sombras da noite. Pero iso non é máis que o principio. Na vispera de cumprir 16 anos, Ben, Sheere e os seus amigos deberán enfrontarse ao máis terrible e mortífero enigma da historia da cidade."
Aquí tedes unha proposta de traballo, o primeiro capítulo para ir abrindo boca e o Librotrailer.

martes, 1 de marzo de 2016

RETRINCOS, UN OLLO DE VIDRO; 2º C


Os clásicos tamén foron do interés deste club de bos lectores e os autobiográficos relatos de Retrincos e a noveliña Un ollo de vidro de Castelao foron o centro de discusión nesta ocasión.
retrincos; un ollo de vidro: memorias dun esquelete-9788482887425
Aquí podemos ver a curtametraxe realizada e protagonizada no 2015 polo alumnado de 4º ESO do IES Pontepedriña de Santiago a partir dun relato de Castelao.