lunes, 27 de abril de 2015

MIDDLESEX, ADULTOS

Middlesex de Jeffrey Eugenides reuniranos o 4 de setembro.
Cal Stephanides decide contar a súa historia, revelar o seu segredo. Porque Cal, como Tiresias, viviu como muller e como home. Todo comeza en 1922, cando os avós de Cal foxen tras a guerra. Instálanse en América, na casa da súa prima Lina e o seu marido. As dúas parellas terán os seus fillos case ao mesmo tempo, e estes fillos, nun xogo de consanguinidades, casarán e serán os pais de Cal. Que cando nace é Calliope, e parece destinada a encarnar a lenda sobre esas nenas que cando chegaban a certa idade se transformaban en homes.
E así comeza a esperadísima segunda novela de Jeffrey Eugenides, un calidoscopio de historias que abrangue oito décadas na historia dunha familia.

jueves, 23 de abril de 2015

PREMIO DOS CLUBS DE LECTURA 2015

Agustín Fernández Paz acaba de ser galardoado, polas Bibliotecas Escolares de Galicia, co Premio dos Clubs de Lectura 2015 ao autor máis lido nos clubs dos centros de ensino.
Establécese así o premio que, cada ano, se outorgará ao autor ou á autora de obra en galego que resultase seleccionado polo maior número de clubs de lectura no curso precedente.
Na VIII Xornada dos Clubs de Lectura, Agustín Fernández Paz recibirá a homenaxe do profesorado asistente e, por el representados, de todos os lectores e lectoras  participantes nos clubs de lectura dos centros de ensino secundario de Galicia.

DÍA DO LIBRO


jueves, 16 de abril de 2015

IRMÁN DO VENTO, 2º A

Continuamos con:
“Son koblai, da tribo de Zalb. Son iraquí e musulmán. Son árabe. Son Khaled ben Sayiam, cidadán do mundo."
Irmán do vento, a novela de M. Lourenzo González, é a historia de Khaled, un rapaz dunha apartada aldea do Iraq que, coma outro rapaz calquera, ten unha familia, unha vida, proxectos... Ata que, de repente, todo cambia coa guerra.
A novela reflicte como a infancia vive un conflicto bélico e sofre as súas consecuencias máis duras, sen ser consciente das causas nin das circunstancias nas que se desenvolve.
Podemos escoitar tamén ao autor falando sobre Irmán do vento e Flor de area no IES Bouza Brey de Vilagarcía.

Descarga aquí o primeiro capítulo ou o proxecto de lectura.

miércoles, 15 de abril de 2015

domingo, 12 de abril de 2015

CRIATURAS, NÚMERO CERO

A revista dixital Criaturas, especializada en literatura infantil e xuvenil, lanza o seu número cero.
Esta publicación en liña vén da man da escritora Ledicia Costas e do poeta e deseñador Daniel Landesa, pero ademais conta coa estreita colaboración dunha longa e rica listaxe de escritores e artistas: Fran Alonso, Agustín Fernández Paz, Xabier P. Docampo, Mercedes Queixas Zás, Laura Sáez, Gracia Sanctórum...
O eixe central da publicación en liña será a literatura galega, pero tamén se dará acollida a outras culturas, linguas ou xeitos de entender o relato en calquera das súas manifestacións.

PREPARANDO XA O DÍA DO LIBRO

lunes, 6 de abril de 2015

O LIBRO AXEITADO SEMPRE NOS FARÁ COMPAÑÍA


Anuncio da axencia: ACW Grey Tel-Aviv, Israel, para Steimatzky Libros.
Directores creativos: Idan Regev, Tal Riven
Equipo creativo: Kobi Cohen, Daphne Orner